A produción de enerxía eléctrica a partir da biomasa forestal primaria

Autor: Damián Copena Rodríguez, Xavier Simón Fernández
Jazyk: English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese
Rok vydání: 2015
Předmět:
Zdroj: Revista Galega de Economía, Vol 23, Iss 2 (2015)
Druh dokumentu: article
ISSN: 1132-2799
2255-5951
DOI: 10.15304/rge.23.2.2484
Popis: O Goberno galego desenvolveu nos últimos anos unha normativa específica para o fomento de produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da biomasa forestal primaria. A valori-zación enerxética da biomasa forestal preséntase, por parte do regulador, como unha interesante iniciativa coa que avanzar na redución das emisións de CO2 e SO2, contribuír á limpeza do monte, servir como ferramenta na prevención dos incendios forestais, mellorar a autosuficiencia enerxética, dinamizar o rural e darlle pulo ao sector madeireiro. Por outra parte, desde diversas institucións e axentes estanse a amosar posicionamentos críticos co modelo de produción eléctrica deseñado pola Xunta de Galicia e mesmo cos puntos de partida da produción de electricidade a partir da biomasa. Este artigo analiza o marco regulador da produción de enerxía eléctrica a partir da valorización ener-xética da biomasa forestal primaria, centrándose principalmente na normativa autonómica. O texto estuda o proceso de selección e o grao de desenvolvemento das instalacións previstas alén do marco retributivo das plantas de biomasa que empregan como combustible a biomasa forestal primaria. Fi-nalmente, introdúcense elementos para o debate sobre as posibles consecuencias que tería para o monte galego e para o mundo rural a implantación a grande escala deste modelo.
Databáze: Directory of Open Access Journals