Dixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia
Autor: | Eduardo José Corbelle Rico, David Vila García, Rafael Crecente Maseda, Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
---|---|
Jazyk: | English<br />French<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2016 |
Předmět: | |
Zdroj: | Recursos Rurais, Iss 10 (2016) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1885-5547 2255-5994 |
DOI: | 10.15304/rr.id3321 |
Popis: | Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as limitacións derivadas do formato en papel dificultaban considerablemente o seu uso. Confiamos en que a versión dixital que presentamos permita solventar parte destes problemas e ampliar o seu coñecemento e utilización entre a comunidade científica e técnica. Ao longo do texto trátase de situar en contexto a importancia do mapa orixinal e as razóns que motivaron a súa dixitalización, explicar o proceso seguido para a preparación da versión dixital, proporcionar información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal, e finalmente presentar algúns datos resumo derivados do produto obtido. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |