O uso dunha cota variable de royalty para preservar as reservas de petróleo
Autor: | Joao Manoel Losada Moreira, Lucélia Ivonete Juliani, Sinclair Mallet Guy Guerra |
---|---|
Jazyk: | English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2015 |
Předmět: | |
Zdroj: | Revista Galega de Economía, Vol 23, Iss 1 (2015) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |
DOI: | 10.15304/rge.23.1.2464 |
Popis: | Neste traballo analízase a posibilidade de utilizar unha cota variable de royalty para inducir as empresas nunha contorna competitiva a preservar as reservas de petróleo. Inicialmente, desenvolveuse un modelo da evolución das reservas de petróleo, dispoñible para a extracción por un empresario en réxime de competencia, incluíndose na expresión do beneficio económico a cota variable de royalty. O modelo formúlase como unha función loxística que describe o comportamento dos recursos naturais renovables. Os resultados obtidos mostran que a situación que maximiza o beneficio económico do empresario e redu-ce a taxa de extracción do petróleo se produce cando a rendibilidade neta do empresario se aproxima á súa taxa de xuro relevante. Isto é debido á propensión do empresario a aumentar a taxa de extracción dos recursos naturais para darlles cabida ás variacións na rendibilidade causadas polo mercado. A introdución dunha cota variable de royalty proporciona unha variable que pode compensar estas flutuacións e ofrecer-lle ao empresario unha rendibilidade próxima á súa taxa de xuro relevante. Os resultados mostran que é posible regular, dentro duns límites, o nivel de reservas de recursos naturais e obter recursos financeiros para levar a cabo políticas sociais. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |