INTERNACIONALIZACIÓN E RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DA BANCA ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA
Autor: | Pablo Rodríguez-Gutiérrez, Fernando Fuentes-García, Sandra Sánchez-Cañizares, Mercedes Luque-Vílchez |
---|---|
Jazyk: | English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2018 |
Předmět: | |
Zdroj: | Revista Galega de Economía, Vol 27, Iss 1 (2018) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |
DOI: | 10.15304/rge.27.1.5228 |
Popis: | Os procesos de liberalización económica acontecidos tanto en Europa como en América Latina fixeron que o sector financeiro español elixa estas rexións para expandir a súa actividade. Ao adquirir unha dimensión internacional, a banca española adoptou un papel de liderado. Este feito, unido ao xa de por si importante papel que xogan as finanzas para o desenvolvemento da economía fai que sexa necesario que estas entidades desenvolvan a súa actividade de maneira responsable. Este traballo analiza a xestión dos aspectos sociais e medioambientais por parte da banca española, concretamente analízase o caso do comportamento social e medioambientalmente responsable do Banco Santander e BBVA no seu proceso de internacionalización. Próbase neste estudo que as iniciativas concretas que xurdiron coa finalidade de fomentar a institución da RSC nas entidades financeiras son moi heteroxéneas entre elas. Malia estar asistindo nos últimos anos a un impulso no número de publicacións relativas á RSC, a meirande parte ocúpase dos impactos internos das operacións bancarias, así como das actividades de tipo filantrópico. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |