Estudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004

Autor: Eduardo Corbelle Rico, Rafael Crecente Maseda
Jazyk: English<br />French<br />Galician<br />Portuguese
Rok vydání: 2018
Předmět:
Zdroj: Recursos Rurais, Iss 4 (2018)
Druh dokumentu: article
ISSN: 1885-5547
2255-5994
DOI: 10.15304/rr.id5312
Popis: O abandono da terra agrícola é un tema de plena actualidade en Galicia: existen traballos científicos que confirman a súa existencia, textos legais que falan da “continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias visuais para calquera observador atento. Non obstante, o problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado territorialmente, en grande medida porque a insuficiente desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles sobre coberturas ou usos do solo non permite capturar a súa grande complexidade. Neste traballo achégase unha aproximación cartográfica ó problema tomando como base a escala municipal, dentro dunha das comarcas máis dinámicas do sector agrario galego, e cunha perspectiva temporal a medio prazo. Os resultados confirman a diminución da superficie agrícola da comarca, pero destaca o feito de que esa diminución se concentrou exclusivamente nunha parte dos concellos que a integran, mentres que o resto se mantiveron nos niveis de 1956 ou incluso os incrementaron. Deste resultado conclúese a necesidade de territorializar as políticas concebidas para combatir o abandono e as súas consecuencias negativas, de modo que se actúe principalmente nas áreas máis afectadas.
Databáze: Directory of Open Access Journals