Caracterización dos cambios na superficie agrícola mediante técnicas de regresión: comarca de Terra Chá, 1956-2004
Autor: | Eduardo Corbelle Rico, Inés Santé Riveira |
---|---|
Jazyk: | English<br />French<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2018 |
Předmět: | |
Zdroj: | Recursos Rurais, Iss 6 (2018) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1885-5547 2255-5994 |
DOI: | 10.15304/rr.id5294 |
Popis: | Os cambios do uso do solo, especialmente aqueles que afectan dun modo ou outro á actividade agrícola, constitúen un tema de grande interese en Galicia debido ás importantes repercusións de tipo ambiental, económico e cultural que implican. Non obstante, estes atópanse en grande medida pendentes de ser estudados, particularmente desde o punto de vista territorial e a escala detallada. Neste traballo preséntase a utilización dunha técnica de base estatística para avaliar a influencia de diversas variables de tipo biofísico, estrutural e socioeconómico sobre a distribución xeográfica dos cambios que afectaron á superficie agrícola na comarca de Terra Chá entre os anos 1956 e 2004. Os resultados mostran que se ben o cese da actividade agrícola tivo lugar preferentemente nas áreas máis difíciles de mecanizar e máis afastadas das explotacións, con carácter xeral este deu lugar á rexeneración natural do mato nas áreas máis afastadas dos núcleos de poboación e situadas a maior altitude, mentres que deu lugar á existencia de arborado en moitas áreas máis accesibles. Respecto da transición en sentido contrario (de mato a superficie agrícola), evidénciase nos resultados a grande importancia de variables relativas ás características estruturais das parcelas na roturación de terras de monte para ser utilizadas pola agricultura na actualidade. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |