AVALIACIÓN DO MARCO LEGAL PARA O EMPRENDEMENTO SOCIAL EN AMÉRICA E EUROPA

Autor: Cristina LÓPEZ-CÓZAR NAVARRO, Tiziana PRIEDE BERGAMINI, Ángel RODRÍGUEZ LÓPEZ
Jazyk: English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese
Rok vydání: 2015
Předmět:
Zdroj: Revista Galega de Economía, Vol 24, Iss 1 (2015)
Druh dokumentu: article
ISSN: 1132-2799
2255-5951
DOI: 10.15304/rge.24.1.2730
Popis: O emprendemento social é un movemento que comezou en Norteamérica durante os anos 1980 do pasado século, mentres que en Europa a orixe é paralela ao xurdimento da chamada economía social. O emprendedor social solidario é un tipo de emprendedor que identifica unha oportunidade de negocio que trata de solventar un problema social mediante unha solución innovadora e creativa, baseada nunha boa idea e na elaboración dun proxecto empresarial. Non é o mesmo que unha obra benéfica ou a filantropía, e non se limita a actividades sen ánimo de lucro, pero pode ser o tipo de modelo empresarial motivado pola necesidade de axudar a outros e levar a cabo un cambio social. É dicir, a chave para o enfoque do empredemento social, como dixemos, está na creación dun valor social sostible. A expansión do emprendemento social precisa da creación dun marco legal favorable para fomentar esta actividade económica especial. Como resposta ás necesidades dos emprendedores sociais, algúns países instituíron estruturas legais capaces de combinar unha empresa orientada a xerar beneficios coa procura dun obxectivo social. Este artigo analiza o actual contexto legal que rixe as empresas solidarias nos diferentes países de América e Europa, e describe as principais denominacións legais que mellor cumpren coas necesidades dos novos emprendedores sociais.
Databáze: Directory of Open Access Journals