As locucións marcadoras de reformulación con decir, dir, sagen / Marker phrases of reformulation with ‘decir’, ‘dir’, ‘sagen’

Autor: Ferran Robles i Sabater
Jazyk: English<br />Spanish; Castilian<br />French<br />Galician<br />Portuguese
Rok vydání: 2013
Předmět:
Zdroj: Cadernos de Fraseoloxía Galega, Iss 14, Pp 219-244 (2013)
Druh dokumentu: article
ISSN: 2605-4507
Popis: Este traballo representa unha primeira aproximación cualitativa a un grupo de locucións marcadoras de reformulación (LMRs) con compoñente metalingüístico do español, catalán e alemán, que se caracterizan por incluíren entre os seus membros léxicos o verbo de lingua primario decir, dir, sagen. As LMRs comparten, como denominador común, a capacidade de actuar fóra do marco predicativo da oración e para sinalizar un tipo de relación entre as partes do texto que consiste nunha volta atrás pola que o emisor reinterpreta unha formulación anterior mediante unha nova que a explica, modifica, substitúe ou resume. A través dunha análise paralela destas unidades e das súas funcións máis características, pretendemos demostrar a existencia de características comúns que afectan tanto á selección dos seus compoñentes léxicos coma á clase de significado que achegan –que é tanto conceptual coma procedimental–, á súa capacidade distributiva e ao tipo de instrución discursiva que expresan sobre como debe ser interpretada a conexión entre os segmentos que ligan. Observaremos que os vestixios do significado léxico orixinal das LMRs estudadas aínda están presentes nas súas funcións textuais máis características; por iso consideramos que o valor metadiscursivo (plano da comunicación) que hoxe teñen, non é máis ca un desenvolvemento lóxico do seu valor metalingüístico inicial (plano léxico). Ademais, a existencia de patróns repetidos nas tres linguas parece apuntar a unha conceptualización moi similar por parte dos falantes da actividade lingüística e dos mecanismos de construción do texto. // This paper presents a first qualitative approach to a group of marker phrases of reformulation (MPRs) in Spanish, Catalan and German that contain a related metalinguistic component, namely the primary verb for speech: decir, dir, sagen. MPRs share as a common denominator the capacity to be used outside of the predicative frame of a sentence, in order to indicate a semantic relation between the parts of a text; they are used by a speaker to reinterpret a previous formulation by way of a new formulation that explains, modifies, substitutes or summarizes the first one. Through parallel analysis of these units and their characteristic functions, we will demonstrate the existence of shared features, in terms of the selection of their lexical components as well as in terms of the kind of meaning that they convey (simultaneously conceptual and procedural). As well, we will explore the distribution of these units, and the type of discursive instructions they provide to the recipient of a text regarding interpretation of the relation between the elements linked by an MPR. We will observe that some traces of the original lexical meaning of MPRs are still present in their most characteristic textual functions, and for this reason we consider that their current metadiscursive value is a logic extension of their original metalinguistic meaning. Furthermore, the existence of common patterns in all three languages seems to hint at a similar conceptualization on the part of speakers about the use of language and the mechanisms of text construction.
Databáze: Directory of Open Access Journals