ENERXÍA EÓLICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL EN GALICIA: OS PARQUES EÓLICOS SINGULARES MUNICIPAIS
Autor: | Damián COPENA RODRÍGUEZ, Xavier SIMÓN FERNÁNDEZ |
---|---|
Jazyk: | English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2018 |
Předmět: | |
Zdroj: | Revista Galega de Economía, Vol 27, Iss 1 (2018) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |
DOI: | 10.15304/rge.27.1.5223 |
Popis: | A enerxía eólica aparece sinalada na literatura como unha oportunidade para o desenvolvemento local. Nese senso, a propiedade local dos parques eólicos amósase como un dos impactos económicos máis destacados. No caso galego a normativa deseñada limitou a propiedade local das centrais eólicas aos municipios e a instalacións de pequena potencia desenvolvidas a partir de unha figura específica da normativa eólica autonómica: os parques eólicos singulares. Neste contexto, este artigo analiza para o caso galego, territorio onde a enerxía eólica ten alcanzado unha grande expansión nas últimas décadas, a propiedade local dos parques eólicos. Para poder realizar esta análise emprégase a información contida na Base de Información Socioeconómica da Enerxía Eólica en Galicia con dous obxectivos: estudar a normativa e o proceso de desenvolvemento dos parques eólicos de propiedade municipal e analizar os impactos económicos locais que se están derivando a partir desta figura eólica específica e o seu posible impacto no desenvolvemento local. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |