O humor toma corpo: unha análise feminista da súa dimensión comunicativa
Autor: | Sabela Fraga Costa |

Jazyk: | Catalan; Valencian
English
Spanish; Castilian
Basque
French
Galician
Italian
Portuguese |
Rok vydání: | 2022 |
Předmět: | |
Zdroj: | Lectora: Revista de Dones i Textualitat, Iss 28 (2022) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1136-5781 2013-9470 |
DOI: | 10.1344/Lectora2022.28.15 |
Popis: | O obxectivo deste texto é analizar a presenza e o funcionamento do humor nalgunhas propostas artísticas feministas e determinar os seus puntos de tensión e confrontación co discurso dominante. A argumentación terá como base algún dos traballos precedentes relacionados co humor (Bajtín, 1987; Eagleton, 2021) e investigacións que analizaron o seu potencial dentro dos feminismos (Merrill, 1988; C. Atance, 2018; Álvarez, 2018). Partindo desta base, tentarase establecer unha conexión coa defensa do carácter comunicativo da confesión desenvolvido pola filósofa María Zambrano. A obxectivo será mostrar como o humor entra en escena desde un corpo concreto, situado (Haraway, 1995), afectado (Garcés, 2013), coa intención de desconfigurar as estruturas hexemónicas do pensamento e atopar outras visións e significados máis amplos. Un proceso creativo e comunicativo que emerxe desde a complexidade da vida para colocar no campo da arte a pregunta polo posíbel a través dos imaxinarios radicais que ofrece o humor. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |