Balnearios españois, motivacións para certificarse na 'Q de Calidade Turística': análise empírica
Autor: | José Álvarez García, José Antonio Fraiz Brea, María de la Cruz del Río Rama |
---|---|
Jazyk: | English<br />Spanish; Castilian<br />Galician<br />Portuguese |
Rok vydání: | 2013 |
Předmět: | |
Zdroj: | Revista Galega de Economía, Vol 22, Iss 2 (2013) |
Druh dokumentu: | article |
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |
DOI: | 10.15304/rge.22.2.1549 |
Popis: | O turismo de saúde está experimentando un rápido crecemento nos últimos anos, posicionándose como unha alternativa ao turismo tradicional e sendo os balnearios os principais representantes deste segmento turístico. Os balnearios, como calquera outra empresa de servizos turísticos, deben buscar a satisfacción dos clientes para poder sobrevivir. Neste sentido, a xestión da calidade convértese en parte da estratexia empresarial, o que lles facilita aos balnearios diferenciarse e obter vantaxes competitivas que lles permitirán competir nos mercados actuais. Neste artigo preséntanse os resultados do estudo empírico levado a cabo en 29 dos 33 balnearios de ámbito nacional certificados coa marca “Q de Calidade Turística”. O seu obxectivo é analizar as motivacións que levan aos balnearios a implementar e a certificar o sistema de xestión da calidade sobre a base da norma UNE 186001:2009 (balnearios) da marca “Q de Calidade Turística”. Logo dunha exhaustiva revisión da literatura, realízase unha análise descritiva das motivacións, así como unha análise factorial para determinar a estrutura desas motivacións e, por último, agrúpanse os balnearios mediante una análise clúster coa finalidade de analizar eses grupos para establecer o seu perfil. Os resultados obtidos poñen de manifesto que as motivacións máis importantes que impulsan aos balnearios a implantar un sistema de xestión da calidade son motivacións internas, detectándose neste estudo diferenzas coas conclusións doutras investigacións académicas realizadas en empresas industriais. A estrutura das motivacións neste sector está configurada por tres grupos: razóns externas de mercado, razóns externas de esixencias e razóns internas. |
Databáze: | Directory of Open Access Journals |
Externí odkaz: |