Análise culturolóxica da metáfora plantosémica en español e italiano / Culturological analysis of plant metaphors in Spanish and Italian

Autor: Carmen Navarro, Elena Dal Maso
Jazyk: English<br />Spanish; Castilian<br />French<br />Galician<br />Portuguese
Rok vydání: 2014
Předmět:
Zdroj: Cadernos de Fraseoloxía Galega, Iss 15, Pp 235-252 (2014)
Druh dokumentu: article
ISSN: 2605-4507
Popis: Pese a que o mecanismo de proxección metafórica se considera universal, é certo que as distintas comunidades lingüísticas producen metáforas lexicalizadas que poden, en ocasións, presentar trazos semánticos e formais diverxentes. Esta falta de correspondencia explícase supoñendo que a dimensión corpórea e cotiá da nosa existencia está flanqueada, na produción lingüística, por valores e símbolos que poden variar bastante dunha cultura a outra. Co fin de investigar a relación que se establece entre os procesos de proxección metafórica e a nosa maneira de falar, proponse no presente artigo, como metodoloxía de traballo, unha análise contrastiva e culturolóxica dunha serie de metáforas lexicalizadas españolas e italianas que se caracterizan por expresaren algúns trazos e comportamentos tipicamente humanos, e por incluíren entre os seus compoñentes internos polo menos o nome dunha planta. De aí que os obxectivos sexan, en primeiro lugar, poñer de relevo a importancia dos factores culturais e experienciais na conceptualización da realidade e na súa expresión lingüística, e en segundo lugar, detectar congruencias e diverxencias estruturais, léxicas e semánticas nas metáforas lexicalizadas do español e do italiano. De aí que sexa posible individuar distintos niveis de equivalencia entre os respectivos sistemas fraseolóxicos. // Although the mechanism of metaphoric projection is considered to be universal, speech communities make use of lexicalized metaphors that may present diverging semantic and formal features. This lack of correspondence can be explained by assuming that language is influenced not only by the bodily and day-to-day scope of our existence but also by values and symbols which can vary significantly from one culture to another. This work presents a contrastive and cultural analysis of a series of Spanish and Italian lexicalized metaphors which express types of human behaviour and human characteristics and include at least one name of a plant. The aim of the investigation is to emphasize first of all the importance of experiential and cultural factors in both the conceptualization of reality and in its linguistic representation; secondly, it shall be attempted to detect structural, lexical and semantic correspondences as well as differences among Spanish and Italian lexicalized metaphors, thus defining different levels of equivalence between the respective phraseological systems.
Databáze: Directory of Open Access Journals