Estrutura xenética e ferramenta de identificación racial na Rubia Galega

Autor: Mejuto Vázquez, Nicolás
Přispěvatelé: Rodríguez-Bermúdez, Ruth, Hermida, Miguel, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria
Jazyk: Galician
Rok vydání: 2022
Předmět:
Popis: Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2021-2022 A Rubia Galega é unha das razas máis valoradas na industria cárnica española, aínda que en Galicia acada unha maior importancia pola súa adaptación ao sistema de produción e territorio galego, aportando riqueza social, económica e ecolóxica. Dende as primeiras caracterizacións da raza a finais do século XIX e inicios do XX, a Rubia Galega experimentou, por vía dos concursos pecuarios, a implementación da inseminación artificial, plans de mellora e recuperación racial; grandes cambios que a sitúan no presente século preto dos modelos de razas cárnicas europeas, aínda que sen alcanzar a súa expansión e potencial máximo. Porén, a selección xenómica érguese coma unha opción economicamente viable e eficaz grazas a tecnoloxías coma os marcadores SNPs, entrando a Rubia Galega nesta nova fase de mellora xenética. Estes recursos xenéticos permiten, ademais, mellorar os controis de trazabilidade, protexendo e reforzando os selos de calidade (como as Indicacións Xeográficas Portexidas) e aos consumidores mediante o reforzo dos métodos tradicionais de auditoría. Deste modo, o presente traballo fin de grao ten como obxectivos definir a estrutura xenética da Rubia Galega en Galicia e definir un panel de número reducido de SNPs que permita diferenciar esta raza da Asturiana dos Vales, Pirenaica e Limousin, así coma os seus cruces. Para o estudo de estrutura empregáronse os softwares ADMIXTURE e Genepop a partir de 3.482 individuos da raza e 43.048 marcadores SNPs. Os resultados amosaron ausencia de estrutura xenética no territorio galego, que pode ser explicada polo grande emprego da inseminación artificial nesta raza e a estratexia de promoción seguida pola asociación de criadores (ACRUGA). O panel de SNPs para a identificación racial parte da selección previa de 200 SNPs segundo a FST total, cuxa eficacia foi verificada mediante simulacións realizadas co software HYBRIDLAB. O estudo amosou un panel de 70 SNPs con bos resultados (asignación racial correcta en máis dun 80% dos individuos) para a diferenciación da Rubia Galega de Asturiana dos Vales, Pirenaica e Limousin, así coma a F1 destas razas con Rubia Galega. Porén, sería de interese a ampliación do estudo a outras razas coma Charolesa e Blonde d´Aquitaine, así coma aplicar a ferramenta nun escenario real con produtos acollidos á Indicación Xeográfica Protexida “Ternera gallega” categoría “suprema”.
Databáze: OpenAIRE