O impacto da inmigración nas prácticas lingüísticas da infancia e da mocidade de Ames

Autor: Rodríguez Núñez, María
Přispěvatelé: Monteagudo, Henrique, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
Jazyk: Galician
Rok vydání: 2021
Předmět:
Popis: Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021 A infancia e a mocidade galega teñen un papel de grande relevancia para comprender a situación sociolingüística na que se atopa Galiza. Desta maneira, os estudos con nenos e mozos son fundamentais para elaborar un diagnóstico da saúde do idioma pois neles atópanse unha serie de expectativas futuras. A zona periurbana de Santiago de Compostela presenta unha elevada porcentaxe demográfica de poboación xuvenil que está experimentando un importante crecemento nos últimos anos. Nesta área localízase o concello de Ames onde o alto grao de inmigración, tanto doutras comunidades autónomas coma do estranxeiro , é unha característica de interese para a sociolingüística porque provoca se introduzan novas falas e se reforce a presenza do castelán. Cómpre sinalar que a inmigración en Galiza é un fenómeno de menor incidencia que noutras Comunidades Autónomas, polo que as implicacións que esta poida xerar nas dinámicas do sistema educativo ou nas prácticas e actitudes lingüísticas están moi pouco estudadas. Este traballo pretende coñecer o impacto da inmigración mediante a observación das prácticas e actitudes lingüísticas da infancia e da mocidade do concello de Ames. Así, serán analizados os datos recollidos no Mapa Sociolingüístico Escolar de Ames executado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega no curso académico 2019-2020. Por unha banda, porase o foco nas enquisas realizadas ao alumnado da etapa primaria e secundaria de diversos centros do concello e aos seus profesores e familias sobre a cuestión da inmigración. Por outra, analizaranse diversas entrevistas ao persoal docente e a profesionais da educación non formal co obxectivo de indagar máis no modo no que o fenómeno da inmigración condiciona as prácticas e actitudes lingüísticas no concello amesán
Databáze: OpenAIRE