Popis: |
Traballo Fin de Grao en Economía O principio de “quen contamina, paga”, naceu en 1920 da man de Arthur Cecil Pigou na súa obra Economics of Welfare. Contando con 100 anos de historia económica, este mecanismo impositivo non conta coa mesma vixencia temporal na práctica. Hogano podemos afirmar que a fiscalidade ambiental debe xogar un papel clave no proceso contra a destrución de ecosistemas, cambio climático e degradación medioambiental. Neste traballo mostramos empiricamente a existencia de converxencia a nivel europeo no eido da imposición ambiental a través da análise das converxencias beta, sigma e gamma. Destacamos o papel das Reformas Fiscais Verdes levadas a cabo por diversas economías da UE-26 que contribuíron aos resultados da análise empírica: as reformas fiscais realizadas a finais do século XX posibilitan unha converxencia máis intensa que nos anos recentes. Simulamos a aplicación dun imposto ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo a través dun modelo de equilibrio parcial. Concluímos que cun imposto de 50€ á tonelada de carbono emitida se poden reducir nun 1,06% as emisóns da aviación doméstica e nun 4,55% as da aviación internacional. O resultado neto, tendo en conta o incremento da recadación polo imposto e a baixada da recadación por IVE (derivada da menor demanda) será positivo |