Popis: |
Póster presentado na Mesa “Mulleres, ciencia e investigación” da VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero https://xugex.gal/gl/programa/sesion-poster/ Nos últimos anos impulsouse a integración da perspectiva de xénero nos contidos da investigación e a innovación, principalmente a través do programa Horizonte 2020. Dado que o traballo de Fin de Grao é o primeiro contacto do estudantado universitario coa investigación, pretendemos coñecer cal é o nivel de implantación da perspectiva de xénero nestes traballos. Para iso revisamos os premios que conceden as tres universidades públicas galegas, centrándonos nas disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) máis masculinizadas, como por exemplo as enxeñerías. E desta análise concluímos por unha banda que a perspectiva de xénero pode aplicarse a todas as disciplinas CTEM, desde a Estatística á Enxeñería Informática. Pero tamén que hai reticencias para a súa integración nos traballos de fin de grao. Por iso, cremos que deben visibilizarse os traballos que a integran nos repositorios universitarios e tamén impulsar a súa realización con premios específicos, e recoñecementos ao profesorado e centros que os fomenten |