O TURISMO EN ECUADOR. NOVAS TENDENCIAS NO TURISMO SOSTIBLE E CONTRIBUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO

Autor: Fidel Martínez Roget, Emilia Vázquez Rozas, Eddy Antonio Castillo Montesdeoca
Jazyk: angličtina
Rok vydání: 2015
Předmět:
Zdroj: Revista Galega de Economía, Vol 24, Iss 2, Pp 69-84 (2015)
ISSN: 1132-2799
Popis: Nas últimas décadas o turismo destacou como unha actividade con potencialpara diversificar a estrutura económica dos países fronte actividades económicastradicionais. Ecuador, un país cunha estrutura produtiva moi dependente do sectorprimario, coa necesidade de diversificar a súa matriz produtiva e xerar novos ingresos quemelloren a súa economía, impulsou unha serie de iniciativas no sector turístico. O turismode masas evidencia importantes problemas como a masificación, a degradación das costasou a perda de calidade na experiencia turística. Ecuador pode aproveitar as experienciasdoutros países, apostando por un modelo turístico máis sostible. Dentro desta liña, nosúltimos anos o goberno ecuatoriano puxo en marcha o Plan Estratéxico de Turismo 2020(PLANDETUR 2020) e a proposta do “Turismo Consciente”, iniciativas orientadas cara apromoción do turismo sostible. Este traballo trata de dar a coñecer o turismo consciente,un termo recente e en construción, para referirse a unha modalidade de turismo que seapoia nos principios de sustentabilidade e de ética. Analízase a contribución do turismo áeconomía do país a través dun modelo econométrico para o período 1995-2013, cuxosresultados evidencian un equilibrio a curto e longo prazo.
Databáze: OpenAIRE