X Foro Dos Recursos Mariños E Da Acuicultura Das Rías Galegas E I Foro Iberoamericano Dos Recursos Mariños E Da Acuicultura

Autor: Rey-Mendez, Manuel, Fernández Cazal, Jacobo, Lodeiros, César, Guerra Díaz, Alejandro
Přispěvatelé: Martín García, Rosa María, Rodríguez Castro, Jorge, Tang, Meyling
Jazyk: Spanish; Castilian
Rok vydání: 2008
Předmět:
DOI: 10.5281/zenodo.5272154
Popis: A celebración do X FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS alentou o nacemento dun novo evento, o I FORO IBEROAMERICANO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA, que trata de ampliar a habitual radiografía anual dos nosos recursos vivos mariños hacia outros países que xa viñan tendo unha presencia crecente en foros anteriores. A experiencia foi tan positiva que, algo que naceu ca idea de celebracións moi esporádicas, vaise acabar convertindo nunha celebración anual en diferentes países, pretendendo, igual que o foro de onde nace, ofertar a través do debate, comunicacións, e o contacto entre investigadores, empresarios e responsables da administración, unha base común de coñecemento para axudar a establecer as mellores liñas de futuro neste eido máisaló das nosas fronteiras. Deste xeito, a Universidade de Oriente de Venezuela, e como unha actividade da celebración dos 50 anos da sua fundación, está a organizar o II Foro Iberoamericano, a celebrar do 5 ao 8 de novembro do 2008 na cidade de Cumaná, a primoxénita do continente americano, no Estado Sucre. Durante os días 10 e 11 do pasado mes de outubro do 2007, celebráronse pois estes dous eventos, donde 23 relatores dos diferentes campos do saber e facer: mariñeiros, economistas, biólogos, empresarios,... , expuxeron e debateron os seus traballos e pareceres en áreas tan interesantes como marisqueo e pesca de baixura, a acuicultura, a biotecnoloxía, a empresa e recursos, e calidade do producto, ademáis de catro conferencias adicadas especialmente a revisar a situación en Iberoamérica. As sesións do Foro estiveron en sinerxia coa presentación de traballos en carteis, onde este ano tivemos un total de 61 que expuxeron con claridade outras, non menos interesantes, actividades de investigación, cunha especial presenza iberoamericana. O Foro pechou as xornadas de traballo co XIX Ciclo CULTIVANDO O MAR, que se desenvolveu na Confraría de Pescadores de O Grove, e que foi adicada á Normativa europea na calidade das augas para o marisqueo en Galicia. Neste libro o Comité Organizador trata de recoller fi elmente, ca axuda e colaboración dos participantes, o discorrer daqueles apertados días de exposición de coñecementos, para que agora, con acougo, poidamos facer as pertinentes refl exións e consultas, co ánimo de que o disfrutedes e que vos aproveite o traballo feito, agardando as vosas suxerencias para o próximo Foro.O Comité Organizador.
Databáze: OpenAIRE