Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano
Autor: | Marta Negro Romero |
---|---|
Rok vydání: | 2013 |
Předmět: | |
Zdroj: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela instname |
Popis: | No presente artigo analizaremos cuantitativamente os castelanismos introducidos no campo semántico das partes do corpo humano. O emprego de métodos cuantitativos no estudo da variación lingüística estivo restrinxido durante moito tempo ao ámbito da sociolingüística, xa que no campo da dialectoloxía sempre houbo reticencias á hora da súa aplicación. No caso galego, o primeiro estudo que emprega métodos estatísticos para analizar as falas galegas foi realizado por Xulio Sousa e data do ano 2006, ano no que ve a luz outro traballo máis extenso das mesmas características da autoría de Rosario Álvarez, Francisco Dubert e do propio Xulio Sousa. O profesor Henrique Costas (2011) emprega tamén este método para analizar o grao de proximidade entre as falas do Val do Ellas e as falas galegas, portuguesas, asturleonesas e castelás. A novidade do noso estudo consiste en utilizar a estatística para realizar unha análise do contacto galego-castelán. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |