Iniciativas de educación para a igualdade na administración local: unha análise dos plans de igualdade municipais
Autor: | María del Rosario Castro González, Beatriz García Antelo |
---|---|
Rok vydání: | 2016 |
Předmět: | |
Zdroj: | Innovación educativa. |
ISSN: | 2340-0056 1130-8656 |
DOI: | 10.15304/ie.26.3007 |
Popis: | A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.O obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixidas fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |