A materialidade do libro na creación de espazos figurados en EL gran hotel Wes Anderson, de Nuria Díaz

Autor: Rocío G. Pedreira
Rok vydání: 2021
Předmět:
Zdroj: Boletín Galego de Literatura. :29-42
ISSN: 2174-4025
0214-9117
Popis: El gran hotel Wes Anderson (2018) é un libro-informativo da autoría da ilustradora galega Nuria Díaz que experimenta coa materialidade a partir da creación de espazos figurados que xogan co rol do lector como hóspede dun hotel, cuxas estancias pode ir recorrendo páxina a páxina. A través delas coñecerá a vida e obra do cineasta Wes Anderson, así como os trazos máis característicos do seu labor profesional, mediante informacións explicadas con claridade e moi coidadas a nivel estético, dándolle especial protagonismo ao compoñente visual. O obxectivo deste traballo é analizar a maneira na que toma forma a proposta a través da análise textual e compositiva do libro, prestándolle especial atención á súa natureza en canto libro-obxecto e á función dos paratextos, para rematar reflexionando sobre como a súa forma e contido o achegan ou distancian do público infantil, xuvenil ou adulto.
Databáze: OpenAIRE