Popis: |
En xullo de 2015 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela tivo a honra de acoller o Gallaecia. III Congresso Internacional de Linguistica Historica. Homenagem aos professores Ramon Lorenzo e Anton Santamarina. A antiga Gallaecia romana, evocada no nome do congreso e no titulo desta publicacion, foi sen dubida o berce das actuais linguas galega e portuguesa, na sua variedade europea ou ultramarina; tres realidades hoxe diferentes que, igual ca as polas do triscele celta tomado como simbolo do III CILH, parten dun nucleo comun que as manten unidas para sempre dun xeito tal que cada unha so ten sentido pleno en union coas outras. Pretendiamos visualizar deste modo tanto o ambito xeografico no que se ia desenvolver o congreso coma o ambito historico medieval que foi berce de moitos dos aspectos que ian ser tratados. Como se pode observar nunha superficial ollada ao indice de traballos, a variedades tematica e grande, unha diversidade nos aspectos tratados que non deixa de ser o reflexo da riqueza tematica do congreso |