Brigantium no século XXI: Aproximación aos últimos datos arqueolóxicos da ocupación galaicorromana na cidade de A Coruña (s. I-IV d.c.)

Autor: Samuel Nión Álvarez
Rok vydání: 2019
Zdroj: Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade. 37
ISSN: 2445-3927
0211-8653
DOI: 10.15304/gall.37.5177
Popis: O seguinte artigo realiza unha revisión dos datos arqueolóxicos obtidos nos últimos 20 anos de arqueoloxía na cidade da Coruña, centrándonos no espazo que ocupou o vello asentamento de Brigantium. Se ben é certo que a ocupación romana na cidade vella coruñesa despertou o interese de múltiples investigadores durante as últimas décadas do pasado século (NAVEIRO LÓPEZ 1988; BELLO DIÉGUEZ 1991; BELLO DIÉGUEZ e VÁZQUEZ GÓMEZ 1994; PÉREZ LOSADA 2002; GONZÁLEZ GARCÍA 2003, LÓPEZ PÉREZ 2004; entre outros), o certo é que neste novo milenio o interese decaeu, en paradóxica relación co aumento exponencial da información arqueolóxica dispoñible.Nesta liña, os obxectivos principais son dous: realizar unha breve síntese que nos permita divulgar os datos arqueolóxicos máis relevantes obtidos nestas últimas dúas décadas, e actualizar o estado da cuestión sobre Brigantium; elaborando novas propostas que interpreten esta información, estudando o seu entramado “urbano” e elaborando hipóteses sobre os motivos que influíron na evolución do mesmo.
Databáze: OpenAIRE