Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo
Autor: | Vaquero García, Alberto, Bastida Domínguez, María, Olveira Blanco, Ana |
---|---|
Přispěvatelé: | Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP) |
Rok vydání: | 2021 |
Předmět: | |
Zdroj: | Investigo. Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo Universidade de Vigo (UVigo) |
Popis: | A Economía Social (ES) caracterizase por un conxunto de principios e valores que a fan un modelo claramente diferenciado doutras entidades de natureza mercantil. A ES debe considerarse como una forma moi diferente de entender as estruturas empresariais tradicionais, en tanto que os obxectivos que persegue levan implícito un leiv motiv que transcende o beneficio para os seus partícipes. En termos xerais, poderíase dicir que os obxectivos e resultados esperados das estruturas produtivas tradicionais subxacen a outros de índole superior para as entidades de ES. Como consecuencia da necesidade de incluír a ES nas axendas políticas, as Administracións Públicas (AA. PP) con competencias neste eido veñen aprobando distintas medidas para o fomento da ES. Cunha contribución estimada superior ao 7 % do PIB, os datos da Xunta de Galicia indican que en marzo de 2021 había en Galicia 1.455 cooperativas activas, 1.463 sociedades laborais, 111 centros especiais de emprego e 13 empresas de inserción laboral (Vaquero e Bastida, 2021). Neste contexto, debe destacarse que incluso durante o ano pasado, no que a economía sufriu gravemente os efectos da pandemia, Galicia foi quen de aumentar en 126 novas empresas de ES. Polo tanto, a análise do marco de desenvolvemento e aplicación das políticas públicas dirixidas a mellorar a actuación e eficiencia das entidades de ES é especialmente importante na súa consideración de motor de desenvolvemento nunha parte substancial da economía galega. O obxectivo deste capítulo é sinalar a importancia das políticas públicas para o desenvolvemento da ES e o asociacionismo. Para iso, e tras esta introdución, o segundo apartado centrase en describir o marco europeo. O terceiro apartado realiza o mesmo exercicio dende a óptica nacional. O cuarto apartado completa a triloxía territorial da ES, analizando a actuación en Galicia, especialmente dende a perspectiva rexional. No quinto apartado descríbese o tecido asociativo de apoio á ES en Galicia. No sexto apartado sinalase un conxunto de recomendacións, para rematar este capítulo coas conclusións. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |
Pro tento záznam nejsou dostupné žádné jednotky.