Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)
Autor: | Álvarez Blanco, Rosario, Xove Ferreiro, Xosé |
---|---|
Jazyk: | Galician |
Rok vydání: | 2013 |
Předmět: | |
Zdroj: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela instname |
Popis: | O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas. Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas, foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |