Vocalismo galego. Motivacións fonolóxicas do cambio

Autor: Aguete Cajiao, Alba
Přispěvatelé: González González, Manuel, Fernández Rei, Elisa, Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS), Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Lingüística
Rok vydání: 2020
Předmět:
Zdroj: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: Neste traballo abórdase a variación e o cambio lingüístico existentes no vocalismo galego actual dende o marco de traballo da Fonoloxía de Labotatorio. Esta investigación ten tres obxectivos principais: 1) obter unha primeira descrición acústica completa do sistema vocálico do galego; 2) identificar e describir os principais fenómenos de variación que afectan ao vocalismo tónico, pretónico e átono final; 3) analizar os factores internos, externos e extralingüísticos que motivan esta variación. Para poder lograr estes obxectivos, presentamos un estudo acústico descritivo do vocalismo galego, en base a unha mostra de falantes universitarios que teñen como lingua inicial e habitual o galego. Os resultados deste estudo permitíronnos obter unha primeira descrición dos fenómenos de variación interna e externa. Así mesmo, eses resultados leváronnos a formular novas hipóteses que foron testadas experimentalmente. Os resultados desta tese permitíronnos coñecer en detalle os principais factores internos e externos que motivan a variación e o cambio fónico no vocalismo galego na actualidade.
Databáze: OpenAIRE