O modelo cooperativo como organización que favorece a participación das mulleres na xestión empresarial e no empredemento
Autor: | Olveira Blanco, Ana |
---|---|
Přispěvatelé: | Bastida Domínguez, María, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Economía e Empresa |
Rok vydání: | 2022 |
Předmět: |
Investigación::53 Ciencias económicas::5301 Política fiscal y hacienda pública nacionales::530102 Hacienda pública (presupuesto) [Materias]
Investigación::53 Ciencias económicas::5311 Organización y dirección de empresas::531107 Investigación operativa [Materias] Políticas públicas Emprendemento Mulleres Economía social Cooperativas |
Zdroj: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela instname |
Popis: | Esta investigación ten como obxecto abordar dous ámbitos de estudo: (1) o marco da Economía Social (ES) como obxecto das políticas públicas, e (2) a análise do emprendemento cooperativo como catalizador da igualdade de xénero. Esta dualidade de enfoque permite facer contribucións teóricas e prácticas en ambos eixos, ademais de axudar a comprobar empiricamente algúns plantexamentos teóricos previos. No primeiro bloque mostra como resultado que Galicia conta cun ecosistema propio de políticas públicas para fomento e apoio da ES formado por tres eixos: legal, social e orzamentario. Entre os instrumentos existentes destaca a Rede Eusumo pola súa lonxevidade e polo seu impacto no territorio, na poboación e no propio ecosistema de ES. A análise realizada revela igualmente unha serie de propostas que poden contribuír á súa mellora. No eido do emprendemento cooperativo, identifícanse os factores de motivación que levan ás persoas a achegarse a esta fórmula societaria. Estes, froito da análise exploratoria, agrúpanse en catro constructos que posteriormente son modelados dando como resultado a importancia dos principios cooperativos e a adecuación destes ás preferencias individuais como motores para o emprendemento colectivo e a creación de PEMES. Esta relación conta con unha maior intensidade no caso das mulleres. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |