As probas de valor público en Europa: unha análise da súa transferencia, adaptación e uso centrada en Alemaña, Bélxica e España

Autor: Rodríguez Castro, Marta
Přispěvatelé: Campos Freire, Francisco Manuel, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea
Rok vydání: 2021
Předmět:
Zdroj: Minerva: Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: A expansión da actividade das radiotelevisións públicas cara aos novos medios desenvolveuse nun contexto de presións por parte dos medios de comerciais e sen contar cunha regulación adaptada ao novo contexto mediático. A solución deseñada no Reino Unido consistiu na aprobación ex ante e de forma individual dos novos servizos da BBC a través do Public Value Test, no que se determinaba se o valor público da proposta xustificaba o seu impacto de mercado. Esta idea foi transferida á Comisión Europea, que recomendou un procedemento ex ante similar ao británico ao resto de Estados Membros na súa Comunicación de Radiodifusión do 2009. Esta tese analiza como de estendeu este tipo de regulación ex ante no sistema audiovisual público europeo, partindo da transferencia de políticas como marco analítico e empregando unha metodoloxía baseada no enfoque comparativo, a análise de documentos e entrevistas semiestruturadas a expertos. Os resultados da investigación demostran que a transferencia das probas de valor público se caracterizou pola importancia das especificidades de cada contexto mediático, que moldearon a proposta inicial británica, resultando en procedementos moi diversos, con distintas tendencias na súa aplicación e no desenvolvemento de metodoloxías de avaliación moi dispares. 2022-06-22
Databáze: OpenAIRE