XXVII Ciclo cultivando o mar

Autor: Rey Méndez, Manuel, Fernández Casal, Jacobo, Lodeiros, Cesar, Guerra Díaz, Alejandro
Přispěvatelé: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular
Rok vydání: 2016
Předmět:
Zdroj: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: Edición corrixida O XVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (FOROACUI), celebrouse na Illa da Toxa os días 8 e 9 de outubro de 2015. Na primeira xornada realizáronse as mesas de traballo: Marisqueo e Pesca de Baixura, Acuicultura, Empresa e Recursos. E dúas conferencias maxistrais: Bioseguridad, criaderos y producción de moluscos en Galicia, e Acuicultura mariña e cociña doméstica. O ciclo “Cultivando o Mar” cumpre vinte e sete edicións e tivo este ano unha especial e emotiva homenaxe en memoria do historiador e escritor grovense Luís Rei, falecido no mes de agosto. Esta actividade denominada “Revisión Colectiva do Patrimonio Marítimo do Salnés. Memorial Luís Rei”, foi realizada na carpa que o Concello instala con motivo da Festa do Marisco e nela, ademais das catro conferencias impartidas, houbo unha proxección da película “Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna” de Bruno Ordoñez e Victor Gallego, así como unha actuación musical de arpa e violoncelo con Clara Pino e Alfonso Abel. A segunda xornada adicouse á “Acuicultura ornamental, produción e comercialización” que, coa colaboración da Consellería do Medio Rural e do Mar, puidemos organizar cun panel dos mellores expertos na temática mostrando as moitas aplicacións que se derivan do coñecemento e dominio das técnicas ornamentais, tanto no campo empresarial, comercial ou de produción, así como a súa demanda no mercado e posibilidades de emprego. O final de cada ponencia hai un enlace para poder acceder ás imaxes da presentación. Neste libro tamén se recollen os paneis presentados neste Foroacui 18
Databáze: OpenAIRE