Challenges implementing circular economy principles in the management of industrial saline effluents: from technology development to holistic assessment

Autor: Roibás Rozas, Alba
Přispěvatelé: Mosquera Corral, Anuska, Hospido Quintana, Almudena, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
Rok vydání: 2022
Předmět:
Zdroj: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: Nos ultimos anos, estamos facéndolle frente a retos coma o cambio climático ou a crise dos plásticos. Aquí, a economía circular cobra especial importancia, xa que podería transformar estes retos en oportunidades. A presente tese céntrase no sector conserveiro galego para levar a cabo unha serie de estudos que teñen como obxectivo apoiar o incremento no grao de madurez das tecnoloxías emerxentes baseadas na economía circular e na recuperación de recursos. Primeiro, levouse a cabo unha investigación a escala laboratorio que durou dous anos para valorizar efluentes conserveiros en Polihidroxialcanoatos (PHA). Despois, realizouse un estudo para identificar as ferramentas dispoñibles na avaliación ambiental de teconoloxías emerxentes. Aquí atopouse, por un lado, que faltan métodos que inclúan a salinidade dentro da análise, polo que a presente tese abordou este reto propoñendo unha nova metodoloxía para avaliar os efectos das variacións de salinidade en ambientes acuáticos. Por outro lado, as análises existentes empregaban datos primarios xerados hai anos, polo que a información conseguida no laboratorio empregouse para realizar un estudo de caso cuxos resultados indicaron que a substitución de técnicas tradicionais polas que aquí se avalían podería reducir os impactos ambientais na xestión de residuos de conserveira. Finalmente, realizouse unha análise económica que explorou un sistema de biorrefinería centralizada onde as conserveiras producen biomasa e a biorrefinería realiza a extracción do PHA. Con este enfoque, acádase o prezo comercialmente competitivo de aproximadamente 1 /kg de PHA.
Databáze: OpenAIRE