Análise de inundacións no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis
Autor: | García Feal, Orlando, González Cao, José, Domínguez Alonso, José Manuel, De Castro Rodriguez, Maria Teresa, Álvarez Fernández, María Inés, Des Villanueva, Marisela |
---|---|
Přispěvatelé: | Universidade de Vigo, Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga, De Blas Varela, Maria Esther |
Rok vydání: | 2020 |
Předmět: | |
Zdroj: | Investigo. Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo Universidade de Vigo (UVigo) |
Popis: | O complexo arqueolóxico e termal Aquis Querquennis (Bande, Ourense) pódese cualificar como un dos máis importantes de Galicia e un importante centro de atracción turístico-cultural. Desde mediados do século xx, debido á construción do encoro das Conchas, o complexo vén sufrindo inundacións periódicas que afectan tanto a conservación coma a súa explotación turística. É, polo tanto, de especial interese estudar estas inundacións para coñecer o seu impacto e analizar posibles medidas para minimizar os seus efectos. Para isto realizouse un labor de recadación de datos hidrolóxicos e topográficos, que inclúe un traballo de fotogrametría por medio de imaxes aéreas tomadas por dron. Logo realizouse unha análise do alcance e da recorrencia das inundacións e observouse que o complexo ten sido afectado por eventos de longa duración. Tamén se realizou unha modelaxe numérica que permitiu a simulación de inundacións e o deseño de posibles barreiras de protección. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |