Esquemas míticos na narrativa curta de X.L. Méndez Ferrín. A impronta de Hermes a través do macrotexto
Autor: | Carreira López, María |
---|---|
Přispěvatelé: | Lama López, María Xesús, González Fernández, Helena, 1967, Universitat de Barcelona. Facultat de Filologia |
Rok vydání: | 2017 |
Předmět: | |
Zdroj: | TDX (Tesis Doctorals en Xarxa) TDR. Tesis Doctorales en Red instname Dipòsit Digital de la UB Universidad de Barcelona |
Popis: | [gal] A riqueza simbólica da obra de Méndez Ferrín presenta unha serie de particularidades que a fan idónea para acometer sobre ela unha análise transversal e pluridisciplinar: ao tratarse dun autor canónico, a súa produción ten unha gran repercusión na cultura galega, e ademais é un autor que intervén conscientemente na conformación do sistema literario. Adscritos abertamente nunha tradición celta e atlántica, os textos ferrinianos admiten e revelan influencias diversas. O resultado é un macrotexto tecido mediante autorreferencias, cronotopos, personaxes e situacións que lle confiren unha extraordinaria coherencia. A aplicación da metodoloxía mitocrítica, fundada por Gilbert Durand, que se propón nesta tese, permite non só obter unha perspectiva inédita da obra de Méndez Ferrín, senón tamén introducir esta perspectiva crítica no sistema literario galego, onde ata agora nunca se aplicara. Mediante esta ferramenta accédese a unha percepción sincrónica do discurso literario, tratado coma un relato mítico (o sermo mythicus). Aplicando o método de Durand, localízanse dous mitos principais, que dialogan nas páxinas ferrinianas e que se disputan o poder sagro (terapéutico e instaurador) do logos. O primeiro xira arredor do mito de Edipo, quen supera a incógnita da Esfinxe (enviada pola deusa) mediante á palabra, salvando Tebas (a terra erma) e accedendo el mesmo á soberanía, e con isto iníciase unha intensa procura sobre as orixes, é dicir, unha busca da identidade. Como contrapunto do mito edípico, o mito de Hermes, desprégase nas súas múltiples facianas de comunicador e mediador, Psicopompo, Trimexisto, etc. que toma a palabra non para dominar mediante o poder temporal e terreo, senón para transmitir a mensaxe, para chegar máis alá da morte, permitindo o renacemento e a multiplicación do autor. A proxección deste esquema mítico no eido da comunicación literaria suxire a construción dun autor implícito a través do macrotexto en busca dun lector múltiple e diverso que recree a mensaxe en cada lectura individual, simbolizando así a diseminación da esencia creativa que transcende o tempo e o espazo. [eng] The symbolic richness in Méndez Ferrín's work presents a series of special features that make it ideal material for undertaking a multidisciplinary and cross-sectional analysis: being a canonical author, his work has great repercussions on Galician culture, and he is also an author that consciously participates in shaping the literary system. Openly adhering to a Celtic and Atlantic coast tradition, Ferrín’s texts are receptive to and reveal diverse influences. The result is a macro-text woven together with auto-references, chronotopes, characters and situations that confer upon it a remarkable coherence. The application of the mythocritic methodology, founded by Gilbert Durand, as proposed in this thesis, makes it possible not only to obtain an unprecedented perspective of Méndez Ferrín's work, but also introduces this critical perspective into the Galician literary system, in which it has not been applied until now. Using this tool, we can access a synchronous perception of the literary discourse, treated as a mythical tale (the sermo mythicus). By applying Durand’s method, two principal myths are identified, which dialogue with each other in Ferrín’s pages and dispute the sacred power (therapeutic and foudational) of the logos. The first revolves around the myth of Oedipus, who solves the riddle of the Sphinx (sent by the goddess), thus saving the “wasteland” of Thebes, to which he is then appointed king, whence begins an intense search for the origins, in other words, a quest for identity. As a counterpoint to the Oedipus myth, the myth of Hermes unfolds in his multiple facets as communicator and mediator, Psychopomp, Trismegistus, etc. who speaks not to dominate through the temporal and earthly power, but to convey a message, to reach beyond death, allowing rebirth and multiplication. The projection of this mythical theme in the field of literary communication suggests the construction of an author who is implicitly seeking , by means of the macro- text, a multiple and diverse readership that recreates the message upon every individual reading, thus symbolising the spread of the creative essence that transcends time and space. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |