A dinámica das estruturas agrarias en Galicia 1962-2016; o papel do arrendamento na mobilidade das terras

Autor: Dios Ortiz, Javier Ramón
Přispěvatelé: López Iglesias, Edelmiro, Corbelle Rico, Eduardo José, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica
Rok vydání: 2021
Předmět:
Zdroj: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: A presente investigación ten como obxectivo o estudo do papel do arrendamento na dinámica das estruturas agrarias en Galicia e, de forma máis concreta, a análise do rol do arrendamento no incremento da superficie das explotacións que manteñen a súa actividade, como instrumento esencial na mobilidade das terras, desde mediados do século XX ata a actualidade. Maunder formulou en 1984 a hipótese xeral de que o arrendamento permite unha maior mobilidade da terra, polo que a súa difusión facilita esa mobilidade e a ampliación das explotacións en crecemento. Os resultados da nosa investigación, en particular a análise detallada dos datos por estratos de tamaño, permiten concluír que o arrendamento xogou tamén aquí nas últimas décadas un papel non despreciable na mobilidade da terra e no redimensionamento das explotacións; se ben este papel foi menos importante en termos relativos que na maioría das CCAA españolas.
Databáze: OpenAIRE