Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional
Autor: | Sande Mayo, María Jesús |
---|---|
Přispěvatelé: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Público Especial, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Dereito |
Jazyk: | Galician |
Rok vydání: | 2013 |
Předmět: |
Juzgados
Órganos unipersoais Función procesal Tribunais Organización Xudicial e Proceso Salas Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5604 Organización jurídica::560403 Tribunales [Materias] Potestade xurisdicional Órganos xurisdicionais Órganos unipersonales Órganos colegiados Tribunal del Jurado Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5604 Organización jurídica::560499 Otras (Especificar) [Materias] Seccións Secciones Grao en Dereito Tribunal do Xurado Partidos xudiciais Función procesual Partidos judiciales Potestad jurisdiccional Tribunales Órganos jurisdiccionales Xulgados Órganos colexiados |
Popis: | Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Organización Xudicial e Proceso A Unidade didáctica á que agora nos debemos enmárcase no segundo bloque da materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo solvente de todos e cada un dos contidos que abrangue é esencial para que o estudantado adquira unha perspectiva sólida e coherente sobre esta rama de coñecemento. A este respecto, cómpre ter presente que o Dereito Procesual constitúe unha das claves de arco do Grao en Dereito. A súa utilidade práctica, ademais do seu carácter transversal, fan dela unha disciplina protagonista en tanto que imprescindible, primeiro, para a comprensión do funcionamento do Dereito e, despois, para a aplicación práctica do mesmo. Pois ben, como parte fundamental dentro do estudo do Dereito Procesual, ademais das cuestións referidas ao proceso strictu sensu, da acción (e/ou da pretensión), destaca, polo que a nós agora atinxe, ademais de todo o relativo ao persoal xudicial, o estudo da xurisdición e, neste senso, da organización xudicial. Cando falamos da función xurisdicional estamos a referírmonos á potestade dimanante da soberanía do Estado, exercida exclusivamente polos Xulgados e Tribunais -integrados por xuíces e maxistrados independentes-, que consiste na realización do Dereito no caso concreto, executando e facendo executar o Xulgado (art. 117 CE). A este respecto, na presente unidade didáctica incidiremos, por un lado, no estudo dos criterios de creación dos distintos órganos titulares da potestade xurisdicional, isto é, os inseridos no Poder xudicial e o Tribunal Constitucional. Doutra banda, deterémonos na análise das súas específicas atribucións. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |