No ronsel da colección de literatura popular de Marcial Valladares: a súa colaboración cos folcloristas do século XIX

Autor: Fernández Salgado, Xose Antonio
Jazyk: Galician
Rok vydání: 2022
Předmět:
Zdroj: Investigo. Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo
Universidade de Vigo (UVigo)
Popis: O escritor e lingüista Marcial Valladares (1821-1903) foi tamén artífice dunha das primeiras coleccións de literatura popular que se fixeron na Galicia do século XIX. Malia non a publicar no seu tempo nun volume, pódese dicir que tivo certa difusión mercé a que el mesmo empregou as coplas e refráns por el transcritos como autoridade lingüística no seu recoñecido Diccionario gallego-castellano (1884); pero tamén porque se mostrou xeneroso cedendo esa completa e variada colección manuscrita a aqueles estudosos do folclore español e galego que solicitaron a súa colaboración. Este artigo rastrexa e analiza precisamente a achega de Valladares ós traballos e coleccións de Manuel Murguía, Antonio Machado y Álvarez, Juan A. Saco Arce, Francisco Rodríguez Marín, Casto Sampedro, Xosé Pérez Ballesteros, Antonio de la Iglesia e Alfredo Brañas. Ademais, este exame vainos permitir realizar unha viaxe historiográfica polas investigacións folclóricas máis decisivas do século XIX.
Databáze: OpenAIRE