Panorama histórico da literatura infantil colombiana

Autor: Robledo, Beatriz Helena
Rok vydání: 2008
Předmět:
Zdroj: Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
instname
Popis: Neste artigo a autora fai un percorrido polo desenvolvemento da literatura infantil colombiana. Iníciao cun repaso pola reelaboración da tradición oral colombiana, que bebe de tres vertentes: a española, a indíxena e a africana. Logo bota unha ollada ao tipo de lecturas que facían os nenos na época colonial, centradas na función de adoutrinamento á relixión católica. Durante o século XIX sinala a literatura costumista e a obra poética de Rafael Pombo como a única produción para a infancia. Localiza na década dos anos trinta do século XX o momento no que xorde a literatura infantil colombiana nos espazos culturais e no que se valora neno como suxeito cultural. Fai un achegamento á obra dos autores máis importantes deste período. Sitúa os anos setenta como unha época de rexurdimento da literatura infantil colombiana despois dun período de silencio debido á violencia dos anos cincuenta. Sinala a década dos anos noventa como un período no que se dá outro cambio importante na concepción da nenez e como isto se reflicte na concepción dos personaxes literarios capaces de percibir o mundo dende a súa propia visión. Finalmente reflexiona sobre a necesidade de que o país valore máis os nenos para lograr así un mellor desenvolvemento da literatura infantil en todo o seu circuíto, dende a produción, pasando pola inserción nos espazos académicos até a súa recepción.
Databáze: OpenAIRE