Turismo e catedrais en Galicia, unha relación (in)necesaria
Autor: | Santos Solla, Xosé Manuel, 1962 |
---|---|
Rok vydání: | 2010 |
Předmět: | |
Zdroj: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela instname |
Popis: | O obxectivo deste artigo é analizar o papel que xogan as catedrais galegas na promoción e organización dos produtos turísticos. Durante moito tempo o turismo urbano, coa excepción de Santiago de Compostela, foi o grande esquecido da oferta turística de Galicia. Só nos últimos tempos se lle ten prestado atención, incorporándose as cidades e vilas con inusitada forza. O patrimonio relixioso forma parte indiscutible dos recursos turísticos que se ofertan malia que frecuentemente é difícil falar mesmo de que sexan recursos en sentido estricto. E son as catedrais os argumentos máis poderosos que se presentan nesta oferta, xunto cos mosteiros. Porén, existen moitos défices relativamente á xestión turística destes espazos e que seguen duas direcións opostas: a infra-utilización ou a sobre-explotación. Con este artigo queremos reflexionar sobre o papel que teñen as catedrais no turismo así como sobre as consecuencias que teñen tanto para elas como para o propio sector. |
Databáze: | OpenAIRE |
Externí odkaz: |